Preguntas Frecuentes
Respostas ás dúbidas máis comúns sobre os nosos servizos
Rexistrades dominios e configurades o aloxamento?
Si, acompañámoste paso a paso. Pero o dominio e o aloxamento contrátanse ao teu nome e coa túa tarxeta, non ao nome de devgalia. Nós asesorámoste na elección do provedor, configurámolo e deixamos todo listo para que a túa web estea online — e ti tes o control desde o primeiro día.
Traballades con clientes fóra de Galicia?
Si. Temos clientes en toda España. O traballo é 100% remoto cando fai falta, aínda que se estás en Galicia tamén podemos quedar en persoa. O que non cambia é o proceso: auditoría previa, estratexia clara e entregables concretos.
Necesito saber de tecnoloxía para traballar convosco?
Non. Adaptámonos ao teu nivel. Se non sabes o que é un plugin, un dominio ou un Core Web Vital, explicámosche o que necesitas saber en linguaxe normal. Ti céntraste no teu negocio; nós encargámonos do técnico.
Traballades en galego?
Si. Traballamos en galego, castelán e inglés. Podemos construír a túa web en calquera destas linguas — ou en varias á vez — e o SEO adáptase ás procuras en cada idioma.